entrevista

O creador de contido Gabi García. (Foto: Xeración Alfa)
star
A entrevista

Gabi García: "O humor desempeña un papel fundamental no proceso de normalización do galego"

Gabriel García Calvo (@gabiiig8) ten máis de 85.000 seguidoras e seguidores na súa conta de Instagram e máis de 75.000 en TikTok. Este mestre de Infantil conquista diariamente milleiros de persoas cos seus vídeos.

Belén Puime, nos estudos da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. (Foto: Xeración Alfa)
star
Á contra

Belén Puime: "O formato de webserie é moi importante; dá a oportunidade de comezar no audiovisual"

Belén Puime despuntou coa súa produción 'Pringadas', recoñecida en 2021 co premio Mellor Webserie do Carballo Interplay. ‘Xeración Alfa’ conversa con Puime sobre a industria dixital.
Míriam Louzao xestiona as áreas de Educación, Turismo, Memoria Histórica e Capital Cultural en Compostela. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Míriam Louzao, concelleira en Compostela: "Xeración Alfa ofrece á mocidade referentes propios e en galego"

Coincidindo coa festa das Letras, o Concello de Compostela deu a coñecer unha declaración aprobada no Pleno municipal por unanimidade na que reedita o seu compromiso co galego. Durante o mesa de maio, a lingua gañou presenza e calidade na cidade a través das achegas da revista xuvenil 'Xeración Alfa', dirixida á mocidade.
Silvia Penas é poeta, creadora artística e performer (Foto: Diego Mateo).
CULTURA

Silvia Penas, escritora: "Interesábame a palabra retrato, ten que ver coa memoria e coa idea de que é un único fragmento"

Silvia Penas (Vigo, 1980) gañou neste mes de maio tres premios: o Follas Novas polo seu poemario Retratos de vodas, partos e funerais (Galaxia); o Premio de Poesía do Concello de Carral co poemario A pel do exilio (que será publicado en Espiral Maior), e o Premio aRi[t]mar a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza por “Canto segundo para un fillo non nado".
A escritora Rosa Aneiros. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Rosa Aneiros: sachando historias devagar

A semente dunha novela vive na cabeza de Rosa Aneiros (Valdoviño, 1976) máis tempo do que precisa a cebola para agromar na terra. As ideas que non fican son como a mala herba que, xa di seu pai, hai que desbotar por moito que innove a horticultura de internet. Del debeu aprender que se queres alcanzar un bo produto tes que mimar cada detalle, e por iso consegue de novo que n'A noite das cebolas (Xerais) sexa tan importante o devir da historia como cada palabra escollida para contala, e que o pouso perdure como a cebola no ceo da boca.
Russ traballa como DJ desde hai unha década (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Russ, DJ: "Gústame imaxinar unha Galiza na que poder traballar nas artes escénicas e na música"

Russ (Compostela, 1991) é o nome artístico de Marta Gilino, DJ e produtora que estará pondo o broche final ao Festival Plataforma mañá na sala Riquela da capital galega alternando entre a música para a escoita e a música para a pista de baile. 
José Manuel Fernández é catedrático de repertorio con voz no Conservatorio Superior de Música de Vigo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

José Manuel Fernández: "Luísa Villalta era do noso gremio, ten moita obra relacionada coa música, porque era música poeta"

José Manuel Fernández (Ourense, 1968) é o coordinador do equipo de dinamización lingüística no Conservatorio Superior de Música de Vigo e foi o encargado de organizar o concerto en homenaxe a Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas no auditorio deste centro.
O respecto ás tradicións é lei nesta arte marcial tailandesa. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Erika Abilleira, loitadora: "Sei que o Muay thai non me vai dar de comer"

O Muay thai é unha arte marcial que comezou a ser coñecida por estas latitudes a partir da popularización a finais dos anos 80 de películas de acción como 'Bloodsport', pese a que as súas orixes remóntanse á Tailandia do século XIII. Alí, entre mestres e mestras locias, vén de brillar a pontevedresa Erika Abilleira (2004).
A escultora Cristina Rommel (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Cristina Rommel, escultora: "Na miña casa vou xirando as esculturas para mudar a perspectiva, xeran distintos ambientes"

Cristina Rommel (Bos Aires, Arxentina, 1978) é escultora especializada no figurativo e abstracto, utilizando diversos materiais segundo as necesidades que presente cada obra. Rommel é alemá e arxentina e mais galega, reside en Domaio (Moaña). É a autora da escultura do editor e ex alcalde nacionalista de Compostela asasinado polo franquismo, Ánxel Casal, situada diante da biblioteca da capital galega que leva o seu nome. Cristina Rommel está a expor en O Grove, Vigo, A Coruña e Madrid.
O trío Tanxugueiras (Foto: Polaride).
star
Á contra

Olaia Maneiro (Tanxugueiras): "A música é para compartir, para amar e para poder expresarte"

Sabela, Aida e Olaia son os nomes propios detrás de Tanxugueiras e, tras un ano de emocións, de encher o Coliseum da coruña e do éxito dos novos temas, falamos con Olaia sobre música e tradición.
A escritora María Canosa. (Foto: Santiago Garrido)
star
A entrevista

María Canosa: "Luísa non é unha escritora máis, é diferente, e a min interesábame salientar o que a diferenciaba"

María Canosa vén de publicar 'Luísa Villalta. Melodía de Palabras'. Unha obra coa que reivindicar a figura homenaxeada nestas letras galegas e achegarse a toda a súa complexidade coa música como protagonista.
O profesor na área de didáctica da expresión musical Julio Alonso Monteagudo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Julio Alonso Monteagudo: "No século XIX as elites ilustradas definiron certos elementos como representativos da galeguidade"

Julio Alonso Monteagudo (Redondela, 1969), investigador e profesor asociado na Universidade de Vigo, vén de presentar a súa tese, 'Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (s. XVII-XIX)', na que analiza o aspecto máis humano e social da música.
Juan López Bedoya. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Juan López Bedoya, doutor en Xeografía: "Estase a facer negocio cos desastres nas infraestruturas costeiras"

'Nós Diario' conversa con Juan López Bedoya, doutor pola Universidade Nacional de Cuyo (Mendoza) e investigador pola USC na área de xeomorfoloxía, sobre o estado de conservación dos sistemas dunares na Galiza.
A cantante Uxía Senlle. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Uxía: a música da irmandade

En menos dun ano Uxía Senlle (Sanguiñeda, Mos, 1962) vai cumprir os seus 40 anos de carreira musical. Querida nos palcos galegos e de medio mundo, a súa voz e a súa presenza foi pioneira cando eran moi poucas as mulleres no panorama musical galego, algo do que non presume pero que debe constatarse porque foi un exemplo que felizmente se multiplicou até hoxe. Promotora de espectáculos e de grupos, con iniciativas tan singulares como Malvela, os festivais Cantos na Maré ou a marabilla de María Fumaça, Uxía, repasa a súa traxectoria mentres paira na memoria dos que xa ouviron o Alalá das Mariñas cos que sempre finaliza os seus concertos.
Pablo Riveiro, Elena Vázquez e David Santos integran Leira Papaia. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

David Santos (Leira Papaia): "En 'Pregón' abordamos o tempo galego e a nosa forma de facer festa con independencia do clima"

David Santos (Vigo, 1980) é un dos integrantes de Leira Papaia, ao contrabaixo e nas voces, xunto con Pablo Riveiro (guitarra, trompeta e voz principal) e Elena Vázquez (violín e voces). A formación mestura de maneira orixinal as cantigas galegas cos boleros e outros estilos tropicais e está a piques de publicar os seus últimos temas.
Inés Mirás, Andrea Porto, Estela Rodríguez, Marcela Porto e Xiana Lastra forman A Banda da Loba. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

A Banda da Loba: "'Tinta do mar' publicouse antes do 'Prestige', mais Luísa Villalta tiña visión de futuro"

Marcela Porto (Codeseda, A Estrada, 1997), batería de A Banda da Loba, aborda o último tema publicado polo grupo, "E o mar". Nel, Porto e as súas compañeiras, Andrea, Estela, Inés e Xiana, reivindican a Luísa Villalta máis combativa e renden homenaxe ao pobo galego e á súa loita contra os desastres medioambientais na costa.
A escritora bergantiñá Rosalía Fernández Rial. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Rosalía Fernández Rial: "Nunca foi tan necesario facer un ensino activo e creativo"

Rosalía Fernández Rial gañou onte o VII Premio Vidal Bolaño por Fóra de campo. A recoñecida escritora é filóloga, doutora en Didáctica das Linguas, mestra en Cabana de Bergantiños e vén ademais de publicar Mover ficha (Galaxia), no que propón un ensino activo e comunicativo, no que convivan a lingua e a literatura coas distintas artes.

Irina Gruia e Soledad Felloza son as responsábeis do espectáculo 'Tres mulleres na escuridade'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Sole Felloza: "Villalta facía que o seu alumnado namorara do que estaba a ler e sentira paixón pola poesía"

Soledad Felloza (Paysandú, Uruguai, 1974), actriz e dramaturga, é a responsábel, xunto coa violinista Irina Gruia, de 'Tres mulleres na escuridade', un espectáculo no que dialogan con Luísa Villalta. O encontro, musical e poético, chega hoxe á Biblioteca Ánxel Casal (Compostela).
Eloy Vidal, Pablo Castro e Antía Vázquez. (Foto: Jorge López)
Contracultura

Antía Vázquez (Alana): "Unimos os nosos saberes e músicas para crear a identidade que queremos transmitir"

Antía Vázquez (Oleiros, 2002), pon a voz, os ferriños e a pandeireta en Alana, banda que integra con Eloy Vidal (guitarra, teclado, baixo eléctrico e produción musical) e Pablo Castro (bombo, tamboril, prato, lata e gaita). O trío comeza a xira de presentación do seu primeiro disco, 'O xeito á cántigha'.
A atleta pontevedresa Antía Chamosa. (Foto: Xeración Alfa)
star
Á contra

Antía Chamosa: "Formar parte dun equipo no que te sentes cómoda é marabilloso a todos os niveis"

Antía Chamosa comezou no atletismo na súa cidade, Pontevedra, aos sete anos. En 2022, debutou no Campionato de Europa absoluto. En abril, con 24 anos, gañou o bronce no mundial de marcha por equipos.