entrevista

A escritora Rochi Nóvoa afonda no seu relato que se poderá ler a vindeira semana no 'Máis'. (Foto: Emilio Romanos)
CONTRACULTURA

Rochi Nóvoa, escritora: "Quero que con estes relatos os meus fillos poidan coñecer en profundidade a súa bisavoa"

Rochi Nóvoa é autora do relato "A maxia da avoa" que achega Nós Diario a partir da vindeira terza feira, 2 de xullo, co suplemento de verán Máis.
Gala Rodríguez, Manu Tarrío, Brais Iriarte, Ash Diz, Berto, Ro Campoy, Xurxo Pinheiro e Dani Ábalo. (Foto R. E.)
CONTRACULTURA

Resaca Emocional: "'Bolboretas' fala desde a perspectiva do amor que ten unha persoa con baixa autoestima"

Berto é un dos compositores e unha das voces de Resaca Emocional, un proxecto que integra xunto con Ash Diz (composición, voz e percusión), Lorena Cachito (percusión e voz), Brais Iriarte (baixo, guitarra e voz), Zeltia Iglesias (deseño e merchandising), Ro Campoy (debuxo, maquillaxe, fotografía e merchandising), Gala Rodríguez (escenografía e fotografía), Xurxo Pinheiro (técnico de son), Dani Ábalo (técnico de luces) e Manu Tarrío (management e 
apoio emocional).
O escritor Rafa Vilar, na súa biblioteca persoal (Foto: Nós Diario).
CONTRACULTURA

Rafa Vilar, escritor: "A idea fundamental que quería deixar con 'A penúltima estación' é que a palabra importa"

Rafa Vilar (Cee, 1968) é o autor de A penúltima estación, a obra gañadora no XVIII Certame de Relatos da Sociedade Liceo de Noia e na que aborda distintas reflexións sobre a morte e o amor a través das historias de dúas mulleres, cada unha da súa xeración, que se atopan nun punto de inflexión das súas vidas.
Francisco X. Prieto, arcebispo de Santiago. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Francisco X. Prieto, arcebispo de Santiago: "A Igrexa debe facer un uso maior e máis significativo do galego"

Hai xusto un ano, Francisco X. Prieto (Ourense, 1968) era elixido polo papa Francisco para estar á fronte dunha das máis simbólicas sedes da organización eclesiástica católica, matriz tamén da Igrexa galega. Prieto ofrece nesta entrevista un balance do seu primeiro ano á fronte do Arcebispado e debulla algunha das ideas de galeguidade e diálogo social que xa anunciara no seu discurso de toma de posesión.
'Novas Flores' foi o primeiro EP de Gloria Pavía. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Gloria Pavía, artista emerxente: "Compuxen as cancións do disco pensando en que fosen tocadas en lugares concretos"

Gloria Pavía (Santiago, 1999) está traballando no seu próximo EP xunto co baixista Rafa Morales despois da publicación do seu anterior traballo, Novas flores, e de ser recentemente galardoada nos Premios da Música na categoría de artista emerxente. 
A investigadora Estrella Ramil. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Estrella Ramil Paz: "Os mozos cishetero son, con diferenza, os que máis rexeitamento mostran ante a diversidade LGBT"

Estrella Ramil Paz é activista feminista, investigadora social e consultora internacional en temas de xénero. Da man da ONG Agareso deu a coñecer os resultados dun estudo que cuestiona os centros de secundaria como espazos seguros para a comunidade LGBT, vítima, aínda, de estereotipos, prexuízos e violencias.
O profesor Vicente Vázquez é poeta e autor de 'O conto da leiteira'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Vicente Vázquez: "'A maleza acabará por cubrilo todo' é unha idea constante no poemario, tamén ao falar do rural"

Vicente Vázquez (Melide, 1992) vén de ser galardoado co premio de poesía Francisco Añón, convocado polo Concello de Outes (comarca de Noia), pola súa obra O conto da leiteira, un poemario en prosa que recupera o saber popular para pór en cuestión a sociedade actual.

Sús e Mel
Contracultura

Sús e Mel: "No concerto quero crear lazos e proporcionar unha especie de viaxe entre o público"

Susana Nunes (Esposende, Portugal, 1992), coñecida como Sús, e Lucas de Centi (Manzaneda, 1992), integrante de Mel, tocan hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela no marco de O que non se escribe, unhas xornadas de aprendizaxe e experimentación sobre o patrimonio sonoro.
O profesor e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués Carlos Callón. (Foto: Marcelo Vegi)
star
Entrevistas

Carlos Callón: "Houbo cantigas nas que se modificou o xénero para que non falasen de dúas mulleres ou de dous homes"

Carlos Callón (Ribeira, 1978) é unha das mellores armas que ten o país para “desarmarizar” a historia, que é o termo que el mesmo utiliza cando percorre a diversidade afectiva e sexual ao longo dos séculos. En xaneiro verá a luz o seu novo libro sobre a Idade Media, no que volve ás fontes orixinais para demostrarnos que non todo foi como nolo contaron. Nel atoparemos desde a primeira lápida funeraria dunha parella homosexual na Galiza até todo un santoral trans. Porque o coñecemento é a mellor arma contra a vaga reaccionaria.
Inés López
Contracultura

Inés López: "Acuruxar é unha palabra que empregamos moito para falar da aperta, do escudo defensivo"

Inés López (Foxos, Pedrafita do Cebreiro, 1980) vén de publicar Acuruxar (Medulia Editorial), un poemario construído como un exercicio de autoexploración ao longo da vida da autora.
Maricarme está composta por Cibrán Seixo, Antía Ameixeiras e Migui Carballido. (Foto: David Silva)
Contracultura

Maricarme: "O videoclip 'Ai Jesús!', ao ser tan surrealista, axúdanos a explicar que é Maricarme"

Antía Ameixeiras (Soesto), Migui Carballido (O Carballiño) e Cibrán Seixo (Cuntis) integran Maricarme, unha formación musical que pretende unir a tradición oral e os instrumentos acústicos coas composicións propias e os sons electrónicos.
O padexeiro Manu Ochoa, na Copa do Mundo de Praga. (Foto: RFEP)
Entrevista | París 2024

Manu Ochoa: "O momento é bo, cunha boa preparación agardo estar na parte de arriba da táboa"

O padexeiro Manu Ochoa (Tomiño, 1998) será o único representante galego en París dunha modalidade de piragüismo que se estrea nestes Xogos, o kayak cross. A Federación de Piragüismo elixiuno esta segunda feira para ocupar a praza que el lograra na Copa do Mundo de Praga, onde se fixo co ouro.
Laura López 1
Contracultura

Laura López: "Hai moita documentación sobre a vida cotiá de Aldonza de Mendoza e había que darlle valor"

Laura López (A Coruña, 1988) é a autora de Todo pasa, unha obra que tece as vidas de dúas mulleres entre o pasado e o presente e coa que foi galardoada co premio de novela curta Antón Risco, convocado pola Fundación Vicente Risco.

O edil de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás. (Foto Nós Diario).
Entrevista

Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo en Compostela: "A maioría das vivendas turísticas operan á marxe da legalidade"

O Goberno municipal de Compostela vén de pór freo aos negocios turísticos para impulsar o comercio de proximidade e asentar poboación no centro histórico. A medida fai parte dunha estratexia ambiciosa que busca facer da cidade un espazo máis habitábel. 'Nós Diario' entrevista o concelleiro Iago Lestegás sobre as accións planificadas.
foto pilar soengas 2
Entrevista

Pilar Soengas: "As brásicas galegas teñen propiedades anticanceríxenas"

Pilar Soengas é investigadora da Misión Biolóxica da Galiza, no Grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica das Brásicas. Repolos, nabizas ou nabicol  son tradición nas hortas e pratos do país, e a ciencia dá a razón: os antioxidantes e as substancias anticanceríxenas fan da Verdura Atlántica o noso superalimento.
rosa moledo
Contracultura

Rosa Moledo: "Nunha interpretación son fundamentais as palabras, mais a maneira de dicilas tamén"

Rosa Moledo (Gosolfre, Mazaricos, 1969) leva máis de 30 anos dedicándose á tradución e ao asesoramento lingüístico en producións audiovisuais e teatrais. Este ano recibe o Premio de Honra Dolores Ben, outorgado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) a persoas e institucións.
Rosa Taboada é a creadora da produtora Martela Films. (Foto: Juan Crusoe)
Contracultura

Rosa Taboada: "Coa serie 'As Labregas' quero recuperar o noso pasado porque forma parte da nosa herdanza"

Rosa Taboada (Compostela, 1975) é a directora de 'As labregas', unha serie de ficción e un dos proxectos seleccionados do Ames AV LAB. Este é un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais posto en marcha co apoio do Concello de Ames e a Deputación da Coruña co obxectivo de impulsar o tecido produtivo deste sector.

Hadrián García, Manuel Fernández 'Cataqui', Adrián Méndez, Manuel Lucas, Marta Álvarez, Aldara Palmeiro e Tomé Mouriño. (Foto Estudios Mans).
star
Entrevistas

De Ninghures, tradi desde o global

Aldara, Hadrián, Kataki, Manu, Marta, Méndez e Tomé son os sete mozos e mozas que conforman o grupo De Ninghures. Aínda que, malia todo, seguen sendo, como recolle o seu primeiro disco, 'de Aquí'. Así, cos pés arraigados na terra continúan experimentando entre sons electrónicos e de culturas afastadas no espazo para volver interpretar a propia tradición. Todo isto nun ano cheo de alegrías no que o premio aRi(t)mar á mellor canción da Galiza semella só o comezo da súa viaxe pola xeografía galega.
A autora Sandra Lodi, no seu estudo. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Sandra Lodi: "Nos albumes infantís téndese aos estereotipos anglosaxóns; eu quería personaxes reais"

Sandra Lodi (Lugo, 1990) é a autora de 'Papóns', a obra gañadora do IV Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi, promovido polo Concello da Estrada en colaboración coa editorial Galaxia.
O escritor Alberto Gómez Aneiros. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Alberto Gómez Aneiros: "Os individuos que protagonizan 'Enredados' contan as súas experiencias en portais de citas"

Alberto Gómez Aneiros (Ferrol, 1959), bibliotecario, novelista e dramaturgo, é o autor de 'Enredados' (Edicións Embora), unha obra de relatos que xiran arredor das relacións interpersoais estabelecidas a través da rede.