entrevista

O economista británico Michael Roberts, esta cuarta feira, en Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
Entrevista

Michael Roberts, economista: "Estamos nun momento similar a 1930, e sabemos o que aconteceu"

O reputado economista británico Michael Roberts visita esta semana Galiza, unha viaxe na que, ademais de ter reunións e conferencias, aproveitou para dialogar con 'Nós Diario' sobre a actualidade económica a nivel mundial, nun momento no que a incerteza sobre o futuro, segundo salienta, "é moi seria".
O escritor Manuel Vázquez vén de ser galardoado por 'Maldita eternidade'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Manuel Vázquez: "Con 'Maldita eternidade' quería pór o foco nos colectivos marxinados e na soidade que sofren os pacientes"

Manuel Vázquez (Valonga, Pol, Lugo, 1968), celador de urxencias, vén de ser recoñecido co premio Eduardo Pondal de Poesía, convocado pola Editorial Medulia, pola súa obra 'Maldita eternidade'.

A profesora, escritora e crítica literaria Susana Sanches Arins. (Foto: Distrito Xermar)
Contracultura

Susana Sanches Arins: "Quería facer un libro que puidesen ler as miñas veciñas maiores non alfabetizadas en galego"

Susana Sanches Arins, (Vilagarcía de Arousa, O Salnés, 1974) foi galardoada co premio Follas Novas de Narrativa por 'Cinco corujas' (Através Editora), unha obra a medio camiño entre o relato e a poesía cunha estrutura de fábula e múltiples capas de lectura.
Clara Pino é profesora de Música no Ensino Secundario. (Foto: Xosé Duarte Rañó).
Entrevista

Clara Pino, profesora: "Baleirar o currículo de Bacharelato de materias artísticas e de humanidades é anestesiar o alumnado"

Clara Pino (Vigo, 1972) é profesora de Música no IES da Pobra do Caramiñal e arpista. Con cinco discos gravados e un poemario editado pola Editorial Elvira, 'Fenómeno Fan', a súa vocación polas artes flúe entre o escenario e as aulas, onde reclama consolidar as materias artísticas e de humanidades que os centros suprimen como optativas.
Germán Estévez naceu en Iruña e reside actualmente en Allariz (Foro: Nós Diario).
CULTURA

Germán Estévez, creador de Galiportus: "Queremos que a xente da Galiza escoite falar de Portugal e que alí se afagan ás cuestións galegas"

Germán Estévez (Iruña, 1982) é o creador e condutor de Galiportus, un podcast de contidos que busca pór en valor a relación entre a Galiza e Portugal tratando diversas cuestións que afectan e interesan a ambos os países.
Euloxio R. Ruibal. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Euloxio R. Ruibal, unha vida dedicada ao teatro

O escritor Euloxio R. Ruibal (Ordes, 1945) vai recibir o día 15 xuño en Compostela o premio O Escritor na súa Terra-Letra E, que concede desde hai 25 anos a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. En Ruibal, que presidiu hai anos a AELG, recoñécese "toda unha vida de dedicación á escrita dramática". O homenaxeado percorre connosco a súa dedicación á arte dramática que chanta as súas raíces xa na infancia.
Afra Torrado, escritore e ilustradore (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Afra Torrado, escritore: "Penso moito na adolescencia; é importante abordar temáticas nas que non teñen referentes"

Afra Torrado (Bamio, Vilagarcía de Arousa, 1997) vén de recibir o Premio Follas Novas por 'Fago o que podo' (Roberto e Priscilla), unha obra de banda deseñada na que recolle os traballos e debuxos que foi realizando desde 2018 até o pasado ano arredor das súas propias experiencias no traballo, o amor e a vida en xeral.
Ana Miranda (Nós Diario).
Entrevista | 9-X

Ana Miranda (BNG): "O escano do BNG nunca se vai vender; PP e PSOE póñense de acordo e votan contra os intereses galegos"

Ana Miranda Paz (Cuntis, 1971) aspira a revalidar o seu escano como eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) nas eleccións ao Parlamento Europeo deste domingo 9 de xuño. A nacionalista asegura que na súa maleta, que fai innumerabéls viaxes entre Vigo e Bruxelas, "vai sempre toda Galiza".
Monteaguro, á dereita en primeiro termo, tensando o feche do perímetro en Sabucedo (Foto: Alejandro Enríquez).
Entrevista

Paulo Vicente Monteagudo: "Se tramitan os eólicos en Sabucedo pola vía urxente estamos indefensos"

A Asociación Rapa das Bestas afronta nun mes a celebración da súa festa, do 5 ao 8 de xullo. As aloitadoras e os aloitadores baixarán do monte 350 bestas cara aos curros de Sabucedo (A Estrada, Tabeirós-Terra de Montes). Mais a celebración este ano vén marcada pola “invasión eólica”, din. Este sábado, a asociación xunto a colectivos veciñais protestarán contra os proxectos eólicos Xubrintas e Alamaceiros, que ameazan, din, o corazón da tradición galega.
Anxo Xoán Rajó é profesor de secundaria (Foto: Lucía Núñez Martínez).
Contracultura

Anxo Xoán Rajó, profesor: "Ao alumnado sorpréndeno as múltiples facetas de Luísa Villalta; poeta, violinista, activista..."

Anxo Xoán Rajó (Vigo, 1973) asina Luísa Villalta. A música e a poesía na mesma persoa (Ir Indo), unha biografía realizada a través de investigación bibliográfica e de entrevistas ás persoas que coñeceron a homenaxeada no Días das Letras Galegas deste ano. 
O futuro está garantido con talentos como Raúl Couto. (Foto: Nós Diario).
ENTREVISTA

Raúl Couto: "Vivir da patinaxe é máis difícil que un Mundial"

Hai dous meses entrevistabamos a nadadora sincronizada Daniela Suárez. Esta cuarta feira, é a quenda doutro deportista galego nado no ano 2008 que promete dar moito que falar en anos vindeiros, o oleirense Raúl Couto, que acumula medallas internacionais na patinaxe de fondo.
Rafaela Sá, que forma parte do elenco da obra, e Xosé Lois Romero (Foto: Rui Carvalho).
Contracultura

Xosé Lois Romero, músico: "Moita xente pregúntase como é posíbel que non soubera nada de Manuela Rey"

Xosé Lois Romero (Mera, Oleiros, 1970) é o creador da música orixinal para o espectáculo 'Manuela Rey is in da house' e que agora publica en forma de disco.
A escritora e docente Rosalía Fernández Rial (Foto: Antonio Seijas).
Contracultura

Rosalía Fernández Rial, escritora: "As boas intencións non chegan para abordar as situacións de acoso escolar"

Rosalía Fernández Rial (Muxía, 1988) é a autora de 'Fóra de campo', a obra teatral galardoada co VII premio Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, o instituto de secundaria Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia.
Andrew Finkelman e Lola Saurigo. (Foto: Javi Quiroga - O Novo Normal)
Contracultura

"Ao ler que o último alcalde designado por Franco morrera fomos a Beade con equipo de gravación"

Andrew Finkelman (Portland, Estados Unidos, 1999) e Lola Saunigo (París, Francia, 1997) dirixen e producen A morte do último alcalde franquista, un filme que foi presentado no Festival de Cans (O Porriño).

A escritora Ledicia Costas. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Ledicia Costas: a poesía como orixe da creación

Cunha extensa obra e consolidada como a escritora galega de máis vendas e traducións, Ledicia Costas (Vigo, 1979) publica 'Pel de cordeiro' (Xerais, 2024), unha novela para adultos que vendeu 3.000 exemplares en tres semanas e na que profunda no tema da bruxería tan querido e presente en toda a súa obra, "desde moi cativa me interesou e agora por fin chegou o momento de destilar toda esa reflexión".
O presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez (Foto: Eduardo Castro Bal).
CULTURA

Cesáreo Sánchez, presidente da AELG: "É importante reivindicar e pór en valor o que significa ser escritor e escritora en lingua galega"

Cesáreo Sánchez (Dadín, O Irixo, O Carballiño, 1951), como presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), participou esta semana en Palma (Illes Balears) no encontro da federación Galeusca, cuxa anterior reunión tivera lugar en 2014. 
Nicolás González Casares, candidato do PSdeG nas eleccións ao Parlamento Europeo (Foto: Arxina).
Eleccións Europeas 9-X

Nicolás González Casares (PSdeG): "Fun un eurodeputado que lexislou e cambiou cousas, iso é palpábel e está no Boletín Oficial da UE"

O PSdeG confía en que o lalinense Nicolás González Casares renove este 9 de xuño o seu o escano no Parlamento Europeo. Quere voltar a Bruxelas reivindicándose como un eurodeputado que lexislou e que mudou cuestións fulcrais. Nesta entrevista, 'Nós Diario' aborda co candidato socialista, entre outros temas, o proxecto de celulosa de Altri na Ulloa. González Casares ve “moi complicado” que a pasteira portuguesa reciba fondos europeos de produciren danos ambientais. 
O poeta Roberto López. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Roberto López: "Gabamos a beleza da natureza, mais buscamos ter un piso grande, un bo coche e unha vida cómoda"

Roberto López (A Coruña, 1977) vén de publicar o seu primeiro poemario, 'O cantar das miñocas' (Medulia), unha obra que pretende chamar á reflexión sobre a relación dunha sociedade globalizada e urbana coa natureza e a vida no rural.
O historiador e investigador Óscar Penín. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Óscar Penín: "Converter a Vía da Prata nun territorio literario diferénciaa doutros camiños con máis peregrinos"

Óscar Penín (Os Brancos, A Limia, 1978) é o creador de 'Pratea', un mapa literario da Vía da Prata, dispoñíbel en pratea.gal para móbil, tablet ou ordenador en catro idiomas: galego, español, inglés e portugués.
Pablo Agra, Alba V. Burke, Ana Moas e Pablo Pazos presentan en xuño o seu novo EP. (Foto: Antonio Rubio)
Contracultura

Carabela: "Os temas de 'A noite' recollen pensamentos moi íntimos, que aparecen ao estar todo tranquilo"

Ana Moas (1995), vocalista; Alba V. Burke (1992), teclados e programacións; Pablo Agra (1994), guitarra, programacións e coros; e Pablo Pazos (1991), baixo eléctrico; integran a banda noiesa Carabela, coa que están a piques de publicar o seu segundo EP, 'A noite'.