EUA

O corpo dun palestino asasinado nun ataque aéreo israelí ao chegar ao hospital al Aqsa, no centro da Faixa de Gaza, a cuarta feira. (Foto: Ali Hamad / Zuma Press / ContactoPhoto)
INTERNACIONAL

Israel, disposto a estender durante anos a agresión militar contra Gaza

O réxime de apartheid sionista desafía a comunidade internacional grazas ao apoio estadounidense e reitera que non freará o ataque á Faixa de Gaza a pesar da orde xudicial do tribunal da ONU ou da petición dunha orde de arresto contra Benjamin Netanyahu.
Agnès Callamard, secretaria xeral de Amnistía Internacional. (Foto: Carlos Garcia Granthon / Europa Press / Contacto)
Agora

As execucións medran no planeta malia a redución dos Estados que aínda aplican a pena de morte

A pesar da redución da cifra de Estados que levaron a cabo execucións, de 20 en 2022 a 16 en 2023, o número de persoas confirmadas que sufriron a pena de morte o pasado ano, 1.153, é o máis alto desde 2015, cun incremento de 30% en relación a 2022, indica un informe divulgado a cuarta feira por Amnistía Internacional, que subliña que a listaxe de execucións está encabezada pola China, Irán, Arabia Saudita, Somalia e os Estados Unidos.

A Corte Internacional de Xustiza, na Haia (Países Baixos), a sexta feira ao comunicar a súa decisión. (Foto: Corte Internacional de Xustiza)
star
INTERNACIONAL

O tribunal da ONU ordena a Israel "deter inmediatamente" o ataque a Rafah polas súas "obrigas baixo a Convención sobre Xenocidio"

A Corte Internacional de Xustiza amplía a greta entre os países occidentais cun auto no que cuestiona as supostas medidas implementadas por Israel para frear a "catastrófica situación" en Gaza.

O líder húngaro Viktor Orbán. (Foto: Zhao Dingzhe / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Hungría acusa a UE e os Estados Unidos de preparar a entrada da OTAN na guerra de Ucraína

O Brasil e a China piden avanzar cara a un alto o fogo entre Kíiv e Moscova.
Palestinas asasinadas en Gaza. (Foto: Omar Ashtawy / Zuma Press / ContactoPhoto)
INTERNACIONAL

Israel cede e reactívanse en Exipto as conversas para lograr un alto o fogo en Gaza

Israel asedia dous hospitais no enclave palestino antes da decisión da CIX.
A senadora Eliziane Gama e deputada Jandira Feghali, ao fondo, reunidas com o senador Bernie Sanders o 1 de maio nos EUA. (Foto: Eliziane Gama).
star
Análise

Ilusões de uma comitiva brasileira nos Estados Unidos da América

Jose Reinaldo Carvalho é jornalista brasileiro e secretário geral do Centro Brasileiro de Solidariedade aos Povos e Luta pela Paz.

O matón e os cómplices necesarios

O presidente español, Pedro Sánchez, a cuarta feira no Congreso, xunto a María Jesús Montero e Yolanda Díaz. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Que implicacións ten o recoñecemento de Palestina por parte do Estado español, Irlanda e Noruega?

Madrid, Dublín e Oslo poñen fin ao consenso imposto polos Estados Unidos nos países occidentais, que sostiña que iso só podería acontecer co visto e prace israelí.
Persoas desprazadas en Kenya polas inundacións masivas. (Foto: Li Yahui / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Os Estados máis ricos enriquécense coas axudas polo cambio climático aos países en desenvolvemento

Empréstitos con xuros a nivel de mercado para obter beneficios.
Persoas palestinas revisan os danos tras a saída dos militares israelís de Khan Younis, en Gaza, a terza feira. (Foto: Abed Rahim Khatib / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Israel e os Estados Unidos atacan a petición de ordes de arresto no tribunal da Haia contra Netanyahu e Gallant

A solicitude dunha orde de detención contra o primeiro ministro israelí e o titular de Defensa dá un novo golpe aos intentos sionistas de lexitimar o xenocidio en Gaza e divide os seus aliados.
Procesión funeraria do presidente Ebrahim Raisi en Qom, a terza feira. (Foto: Ahmad Zohrabi / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Unha multitude participa no inicio da cerimonia fúnebre de Raisi en Irán, que irá ás urnas o 28 de xuño

Rusia critica o "dano deliberado" das sancións á aviación iraniana.

O primeiro ministro australiano, o laborista Anthony Albanese. (Foto: Mick Tsikas / AAP / DPA vía Europa Press)
Agora

Australia reitera que Assange (WikiLeaks) debe ser liberado e non extraditado aos Estados Unidos

Australia continúa “traballando de perto para conseguir” a liberación do fundador de WikiLeaks, o australiano Julian Assange, sostivo a terza feira o primeiro ministro do país oceánico, Anthony Albanese, que insistiu en demandar a súa liberación. Un dos seus aliados, os Estados Unidos, queren que sexa extraditado para xulgalo por espionaxe. Un día antes, a Xustiza británica resolveu que Assange pode presentar unha nova apelación.

Lula da Silva, o líder indíxena brasileiro Raoni Metuktire e Emmanuel Macron durante a visita deste a Brasil no mes de marzo. (Foto: Presidencia de Francia).
star
Análise

O Brasil, camiño dunha gran potencia

William Serafino, politólogo venezolano. Analista e investigador enfocado á xeopolítica.
O defunto presidente de Irán, Ebrahim Raisi, e o seu homólogo acerbaixano, Ilham Aliyev, o domingo. (Foto DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Irán confirma a morte do presidente Raisi, designa un mandatario provisorio e prepárase para novas eleccións

Multitudes reúnense en Tehran, a capital iraniana, ao confirmarse o falecemento do mandatario nun accidente de helicóptero.
ay_2024_united_kingdom_london_supporters_of_wikileaks_founder_julian
INTERNACIONAL

A Xustiza británica permitirá a Assange presentar unha apelación completa ao non aceptar as garantías estadounidenses

O Tribunal Superior de Londres frea polo de agora a extradición aos EUA.
Crianzas palestinas a sexta feira nas ruínas da Clínica Al-Sabra, destruída por un ataque do exército israelí contra Gaza. (Foto: Khaled Daoud / Zuma Press / ContactoPhoto / Europa Press)
Editorial licence valid only for Spain and 3 MONTHS from the date of the image, then delete it from your archive. For non-editorial and non-licensed use, please contact EUROPA PRESS.
17/5/2024 ONLY FOR USE IN SPAIN
INTERNACIONAL

630.000 palestinas foron expulsadas de Rafah desde o comezo do asalto israelí á urbe a pasada semana

Perante a cobertura diplomática que os Estados occidentais seguen a brindar a Israel, o Estado sionista de Israel concéntrase agora en atacar Rafah e o campo de refuxiados de Jabalia.

Ousmane Sonko. (Foto: Europa Press / Contacto / Demba Gueye)
INTERNACIONAL

O novo Goberno progresista e panafricanista do Senegal abre a porta á expulsión das tropas francesas

O Exército de Francia xa tivo que saír de Níxer, Burkina Faso e Malí.
Instalación de eólica mariña de Iberdrola en Escocia. (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Invenergy, a compañía estadounidense que se suma á feroz carreira polo mar galego (e que ten detrás o 'fondo voitre' Blackstone)

A enerxética rexistra un novo proxecto de eólica mariña diante do Miteco, O Boi, de 552 MW de potencia.
Vistas sobre a cidade cubana de Trinidad, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Retos do turismo en Cuba

José Ernesto Nováez Guerreiro é xornalista e escritor cubano.
A finais de abril, o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, desprazouse á China para “socavar” a relación entre o país asiático e o seu aliado ruso, sinalou a axencia Reuters, que a quinta feira admitiu que “parece que foi un intento falido” após a chegada a Beijing, a capital chinesa, do líder ruso, Vladimir Putin, na súa primeira visita de Estado, que remata hoxe, após a súa toma de posesión a semana pasada, logo de revalidar o cargo.

Tras aterrar, Putin e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, asinaron unha declaración conxunta co acordo de “profundar” a súa “asociación estratéxica” a raíz do 75 aniversario do estabelecemento de relacións diplomáticas. Esta data “é un novo punto de partida para crear maiores sinerxías nas estratexias de desenvolvemento e continuar enriquecendo a cooperación bilateral”, sostivo Xi, que antes da rúbrica transmitiu a Putin que “somos un bo exemplo para outras potencias en canto a respecto e franqueza”, nunha relación que “favorece a paz, a estabilidade e a prosperidade da rexión e do mundo”.

Tamén fixo fincapé nas súas relacións, que “pese a algúns altibaixos” foron “fortalecéndose e resistiron a proba do cambiante panorama internacional”, lembrando que se reuniu con Putin “máis de 40 veces” e destacando a súa colaboración nunha “orientación estratéxica” que “asegurou o desenvolvemento sólido, estábel e fluído dos nosos lazos”, chaves para “defender a xustiza" no planeta.

Pola súa parte, Putin salientou que “non son oportunistas nin dirixidas contra ninguén”, e reiterou que “a nosa cooperación en asuntos internacionais é un dos factores de estabilidade na escena mundial”, póndoa como “exemplo de como se deben construír vínculos entre Estados veciños” e citando o fortalecemento dos vencellos na cooperación nuclear, enerxética ou na subministración de alimentos.

No tocante á enerxía, medios internacionais apuntaron como un dos posíbeis asuntos que se trataron o referente á proposta de gasoduto Poder de Siberia 2, que uniría Rusia e a China a través de Mongolia e que permitiría enviar 50.000 millóns de metros cúbicos de gas natural por ano. En 2023, Rusia converteuse no principal provedor petrolífero chinés, desprazando Arabia Saudita tras redirixir as súas operacións comerciais por mor das sancións coercitivas implementadas contra o país por Estados membros ou da contorna da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) pola invasión de Ucraína.

Asemade, o líder ruso defendeu a colaboración no ámbito dos coches eléctricos, dando os parabéns á China por “un éxito claro e moi obvio” neste campo, poucos días despois de que os Estados Unidos anunciaran que elevarían os aranceis aos vehículos eléctricos chineses a 102,5%, aducindo que buscan protexer sectores “vitais” para a “seguridade nacional”.

Amais dos acordos de colaboración en diversos sectores, como a intensificación dos lazos militares, Xi e Putin tamén pactaron “promover a multipolaridade e a globalización” e coordinarse en institucións internacionais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) para “conducir a xestión global na dirección correcta”, así como “reformar e despolitizar institucións multilaterais como a Organización Mundial do Comercio (OMC) ou o G20” para “adecualas ás realidades modernas”.
Presión occidental contra a China

Artyom Lukin, docente da Universidade Federal do Extremo Oriente rusa, explicou ao xornal South China Morning Post que a visita “ten unha importancia pouco usual” e podería “definir a dirección futura dos lazos sino-rusos no futuro previsíbel”, no contexto da presión dos Estados Unidos para que Beijing limite o comercio con Moscova de bens de dobre uso (civil e militar), o que “equivale á exixencia dun embargo xeral sobre o comercio con Rusia”.

Nese sentido, Li Mingjiang, profesor da Universidade Tecnolóxica de Nanyang, en Singapur, considerou “pouco probábel” que o país asiático efectúe concesións relevantes a Washington, apuntando que as “tácticas de presión” occidental xerarán incerteza nas relacións bilaterais.

O comercio sino-ruso pasou de 133.000 millóns de euros en 2021 a 220.000 millóns o pasado ano, e Putin aseverou que 90% dos acordos comerciais realízase nas súas propias moedas, avanzando coa desdolarización.

Sexa como for, ambos os líderes exhibiron o seu aliñamento nas cuestións internacionais, concordando en que é “extremadamente urxente” resolver a agresión militar israelí contra o territorio palestino de Gaza, insistindo no seu apoio á “solución de dous Estados” e á implementación das resolucións da ONU ao respecto, organismo cuxo Consello de Seguridade exixiu un alto o fogo, detallou Xi.

Sobre Ucraína, subliñou que están de acordo en que “unha solución política á crise” é a “dirección correcta”, demandando “respecto para a integridade territorial de todos os países” e as “lexítimas preocupacións de seguridade de todas as partes”, ao que Putin contestou remarcando que é un enfoque que evita a “mentalidade da Guerra Fría”.
Zelenski admite a "difícil" situación en Khárkiv

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, estivo a quinta feira na rexión de Khárkiv, onde indicou que a zona está “en xeneral baixo control”, mais recoñecendo unha situación “extremadamente difícil”. Ademais, militares de Kíiv afirmaron á axencia AP que frearon os avances de Rusia en Vovchansk, o que foi rebatido polas autoridades rusas.

En todo caso, o pro occidental Instituto para o Estudo da Guerra debullou que o ritmo das operacións rusas “continúa diminuíndo” logo de facerse coas áreas fronteirizas menos defendidas, o que é coherente coa prioridade que outorga Moscova a crear unha zona de amortecemento que free os ataques ucraínos contra Belgorod, a cidade rusa máis próxima á fronteira. A prensa ucraína arremeteu contra a corrupción no país, cuestionando onde están os cartos dedicados a defensas militares que non foron finalmente desenvoltas.

Unha análise levada a cabo onte pola axencia AFP con datos do Instituto cifra en 257 km cadrados a área tomada polas tropas rusas desde o comezo da operación a finais da semana pasada até a cuarta feira, que abriu unha nova fronte de guerra, en Khárkiv. No resto de frontes a progresión foi de 21 km cadrados, incluído Robotine, a principal localidade tomada por Ucraína na súa falida contraofensiva de 2023.

Vladimir Putin, presidente ruso, e Xi Jinping, o seu homólogo chinés, a quinta feira en Beijing, a capital da China. (Foto: Kremlin / DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A China e Rusia "profundarán" na súa cooperación e coordinaranse para "conducir a xestión global na dirección correcta"

O presidente ruso, Vladimir Putin, chegou á China para unha visita de Estado de dous días.