Agora

O novo presidente de Vietnam, To Lam, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
Agora

O Parlamento vietnamita ratifica To Lam, ministro de Seguridade Pública, como novo presidente

A Asemblea Nacional de Vietnam elixiu a cuarta feira To Lam, que exercía como ministro de Seguridade Pública desde 2016, como novo presidente. Lam afirmou que está “determinado a loitar contra a corrupción” na súa primeira intervención. Precisamente cargos de corrupción estiveron detrás da dimisión de Vo Van Thuong en marzo, cando levaba un ano na Presidencia, no marco dunha campaña anticorrupción do gobernante Partido Comunista.
Cristina Balboa
Agora

Cristina Balboa mostrará o seu traballo 'Sinte' no Vello Cárcere de Lugo

No marco da 8ª edición das Residencias Paraíso 2024, a artista escénica Cristina Balboa traballa no Vello Cárcere de Lugo, desde o pasado día 13, na súa proposta artística titulada Sinte, un proxecto que ten a música como catalizador, a palabra como xogo e o baile como liberación. Esta sexta feira, ás 20 horas, a creadora galega ofrecerá -tamén no Vello Cárcere- unha mostra aberta do seu traballo en proceso. 
Os preparativos para o circuíto prometen facer de Burela un escenario espectacular. (Foto: Enduro Monte Castelo).
Agora

A Enduro Monte Castelo levará o mellor da modalidade a Burela

A cuarta edición do Enduro Monte Castelo, que neste 2024 tamén exercerá como Campionato da Galiza da modalidade, levarase a cabo esta fin de semana en Burela (A Mariña), até onde viaxarán máis de 100 ciclistas de montaña da Galiza e Asturias de todas as categorías de idade masculinas e femininas desde a cadete até a máster. Esta competición contará con cinco tramos cronometrados en distintos circuítos, un deles cun percorrido enteiramente  urbano -que comeza a metros escasos da Variante, nun dos puntos máis altos da localidade, e que remata na Praza do Concello- e outros catro no Monte Castelo. Con respecto aos seus horarios, o sábado, 25 de maio, están programados os adestramentos e os primeiros remontes do circuíto urbano cronometrado, mentres que o resto das probas serán o domingo, 26 de maio, comezando a xornada ás 9 horas no primeiro dos 28 quilómetros que conforman un circuíto que ten 1.400 metros de desnivel.
 
A proba unirá Vigo con Pontevedra ao longo de 35 quilómetros. (Foto: Marcha Contra a Leucemia).
Agora

A Marcha contra a Leucemia reunirá máis de 600 persoas

A 'Marcha Solidaria 700 Camisetas Contra a Leucemia', organizada pola Asociación Frangil, alcanzará neste 2024 a súa décimo quinta edición que, ademais, será a derradeira que se dispute co seu actual formato. O certame, programado o domingo, 9 de xuño, unirá as cidades de Vigo e Pontevedra nun percorrido de 35 quilómetros co obxectivo de "sensibilizar e informar á sociedade sobre a importancia da doazón de médula ósea e o incremento dos rexistros de doantes".
 
O primeiro ministro australiano, o laborista Anthony Albanese. (Foto: Mick Tsikas / AAP / DPA vía Europa Press)
Agora

Australia reitera que Assange (WikiLeaks) debe ser liberado e non extraditado aos Estados Unidos

Australia continúa “traballando de perto para conseguir” a liberación do fundador de WikiLeaks, o australiano Julian Assange, sostivo a terza feira o primeiro ministro do país oceánico, Anthony Albanese, que insistiu en demandar a súa liberación. Un dos seus aliados, os Estados Unidos, queren que sexa extraditado para xulgalo por espionaxe. Un día antes, a Xustiza británica resolveu que Assange pode presentar unha nova apelación.

Asistentes ao acto no Museo do Mar de Vigo (Foto: Nós Diario).
Agora

Gadis lembrou cun acto no Museo do Mar de Vigo o Día da Muller no sector marítimo

Gadis conmemorou onte o Día Internacional da Muller no sector marítimo reunindo nas instalacións do Museo do Mar de Vigo o foro “Mulleres dos Mares”, a partir dunha representación de provedoras locais. A intención foi dar a coñecer as súas historias persoais e profesionais en torno ao mundo do mar e todo o ecosistema que xeran ao seu redor coa intención de destacar a importancia do seu traballo e contribuír ao seu empoderamento nun dos sectores que consideran “vitais para esta comunidade”. No acto desta compañía alimentaria explicaron as súas vivencias, no formato de mesa redonda,  María José Casais Boo (Cooperativa de Ribeira OPP83), Rocío Estévez Freiría (Mariña San Marco), Lina Solla Sanmartín, (Linamar) e Sara Losada Vilas (Vengarco).
Aeroporto de Compostela.
Agora

UXT detén as mobilizacións no Rosalía de Castro

A UXT paralizará, por agora, a folga e as mobilizacións que levou a cabo estes día no aeroporto Rosalía de Castro á espera de manter unha nova reunión a próxima semana -posibelmente terza ou cuarta feira- con South Europe Ground Services (SOEGS), a nova empresa que presta os servizos de rampla e pesada para Iberia. Tras a reunión de onte, a organización informou que Soegs comprometeuse a que, a partir de hoxe, se incorporarán ao aeródromo compostelán sete traballadoras e traballadores aos servizos administrativos e un máis para a rampla. O sindicato saúda esta ampliación de persoal mais considérao "insuficiente", aínda que valora a "boa disposición" da nova empresa.
O técnico durou tres meses no cargo. (Foto: O Parrulo Ferrol).
Agora

Nacho García dimite como adestrador do Parrulo Ferrol

Importante movemento no Parrulo Ferrol, un dos dous representantes da Galiza na categoría de prata do fútbol sala masculino estatal. Logo de fracasar no seu intento de retornar á Primeira División, onde finalizou na sétima posición, fóra dos postos que dan acceso a disputar uns play-offs dos que si será parte o Pescados Rubén Burela, e de perder o pasado 17 de maio por 5-2 na finalísima da Copa Galiza fronte o Noia Portus Apostoli, o técnico da escuadra ferrolá, Nacho García, tomou a decisión de dimitir. O Parrulo confirmouno nun comunicado no que, non obstante, non indicou quen será o sucesor no cargo dun home que levaba no posto desde o pasado mes de febreiro. 
A lendaria Navratilova denunciou o pacto co réxime da Casa Saúd. (Foto: Steve).
Agora

Arabia Saudita fogocita o circuíto feminino de tenis

A Women's Tennis Association (WTA), organización reitora do tenis feminino a nivel internacional, vén de fechar unha alianza co Fondo de Investimento Público (PIF, nas súas siglas en inglés) de Arabia Saudita para, segundo explicou, "facer que o tenis profesional feminino medre e, así, inspirar máis mulleres e nenas de todo o mundo a practicalo". O país de Oriente Medio, que discrimina as mulleres en practicamente todos os eidos da vida pública e privada, segundo veñen denunciando repetidamente organizacións como Amnistía Internacional, tornará desde agora no primeiro patrocinador do ránking mundial da WTA -no que a vilagarciá Jessica Bouzas é a única galega no 'Top-100'- e Riad acollerá as finais das WTA Finals, principais medidas dun acordo que denunciaron lendas como Martina Navratilova ou Chris Evert.
 
Presentación, onte, da Mostra de Cinema Periférico.
Agora

O S(8) da Coruña presentou a súa 15ª edición

Ana Domínguez e Ángel Rueda, directores do (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, presentaron na mañá de onte o máis destacado da edición deste ano. Estreas, obras inéditas, referentes internacionais convidados, retrospectivas únicas en Europa e unha aposta clara polas novas xeracións de artistas fan do festival o lugar cara ao que virar a cabeza do 31 de maio ao 9 de xuño. A quinceava edición do festival consolídao como unha cita única para o cinema de vangarda a nivel mundial. 
Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).
Agora

Morre un home de 60 anos tras caer da moto na Coruña

Un home de 60 anos que ía a bordo dunha moto morreu na mañá desta terza feira tras sufrir unha caída na cidade da Coruña, concretamente en Matogrande. Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias consultados por Europa Press, ocorreu na AC-10 sobre as 9.30 horas, cando varios particulares chamaban ao 112 para alertar da caída. Con estes datos, o 112 avisou do accidente á Policía Local da Coruña e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou até o lugar unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado. Con todo, os servizos médicos desprazados ao momento tan só puideron confirmar o falecemento do motorista.
Un fotograma de 'Farha', o filme que se exhibirá esta tarde.
Agora

A Fundación Araguaney e a USC conmemoran o aniversario da Nakba Palestina

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas, en colaboración coa Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago (USC), celebrará a xornada Eterna Nakba. 76 anos do exilio do pobo palestino hoxe, ás 18 horas, no salón de actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos). O acto consistirá nunha charla de presentación a cargo do director do Festival de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, de raíces palestinas, e a proxección dunha película. Farha é cinta elixida e narra a historia e soños dunha adolescente palestina que quere deixar a súa aldea e ir á escola.  A súa proxección é un recordatorio da continua loita do pobo palestino polos seus dereitos e a súa terra nun filme que mostra a realidade da vida do pobo palestino.

'O Raio Verde' impúxose na xornada con tan só 11 anos e 191 días. (FGDA).
Agora

Xián, récord ao gañador de xornada absoluta máis novo na Liga Atlántica de Billarda

A Liga Atlántica de Billarda apura as súas últimas datas da tempada, pero iso non é óbice para que a competición siga facendo historia. Esta vez o novo récord chegou da man de Xián, alcumado 'O Raio Verde', quen con só 11 anos e 191 días de vida tornou na persoa máis nova en vencer no campionato absoluto. Coa praza de Fefiñáns de Cambados como escenario de excepción desta décimo sexta xornada de torneo, Xián (Lúa de Forza de Sanxenxo) rematou en primeira posición, por diante de Álvaro Otero (Gharaboto de Marín) e Albino Veiga (Valpaços Terra Quente de Vigo). Na categoría feminina impúxose Tania (Valpaços Terra Quente de Vigo), que estivo acompañada no podio por Elena González (Gharaboto) e Lucía (Valpaços), mentres que o ouro na modalidade infantil foi para Aldara (Gharaboto).
 
Pedro Sánchez, o presidente español, nunha intervención a segunda feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Agora

A Arxentina négase a desculparse con Sánchez logo do insulto de Milei á súa parella e Albares abre a porta á ruptura de relacións

Manuel Adorni, voceiro do presidente ultradereitista arxentino Javier Milei, subliñou na madrugada da segunda feira que “poden esperar tranquilos que non vai haber unha desculpa”, após chamar o mandatario “corrupta” á parella do presidente español, Pedro Sánchez, durante un acto ultradereitista en Madrid. O titular de Exteriores español, José Manuel Albares, advertiu que racharan as relacións bilaterais se non hai unha desculpa pública.

Lugar no que apareceu o octoxenario desaparecido en Cambre. (Foto: Garda Civil)
Agora

Localizan un octoxenario desaparecido tras marchar de forma voluntaria dunha residencia de Cambre

Un octoxenario que marchou o domingo de forma voluntaria dun centro residencial de Bribes, en Cambre (comarca da Coruña), e ao que non regresou, foi localizado esta segunda feira polo helicóptero do servizo aéreo da Garda Civil nunha zona boscosa e de difícil acceso de Cecebre. O home, de 81 anos, e que necesitaba medicación debido ao parkinson que padece, foi atopado sobre as 10.15 horas. Na súa procura, participaron efectivos da Garda Civil de Cambre, Policía Local, Protección Civil e persoas voluntarias. Tras un operativo iniciado o domingo, renovouse nesta xornada con éxito a procura.
O fenómeno que se observou esta madrugada (Captura de video de Asismet).
Agora

Unha bóla de luz iluminou o ceo da Galiza de madrugada

Numerosas persoas puideron observar esta madrugada como, sobre as 01.00 horas, unha bóla de luz iluminaba o ceo da Galiza e doutras zonas de Portugal e do Estado español. Varios particulares chamaron ao 112 Galiza para notificar que viran "unha gran bóla incandescente en movemento que iluminou o ceo de cor verdoso ou avermellado" e que, finalmente, "desfíxose en anacos". De feito, moitos deles referíronse ao que acababan de contemplar como un bólido ou meteorito. As chamadas chegaron desde diferentes lugares da xeografía galega como nos municipios do Porriño ou Redondela, na comarca viguesa, O Saviñao (Terra de lemos) ou A Rúa (Valdeorras). Tamén foi visto na capital, Santiago de Compostela. Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias da Galiza (CIAE-112), a Axencia Estatal de Meteoroloxía explicou que se tratou “dun fenómeno atmosférico pouco frecuente, moi luminoso e que se desintegrou ao entrar en contacto coa atmosfera".

Agora

Falece unha muller tras chocar o seu coche contra un camión no municipio ordense de Mesía

Unha muller, de 45 anos, perdeu a vida tras chocar o seu coche contra un camión na N-634, ao seu paso polo municipio de Mesía (comarca de Ordes). Segundo informou o 112, foi o propio condutor quen sobre as 5.30 horas deste sábado deu a voz de alerta e explicou que había unha persoa no turismo que non respondía os intentos de contactar con ela. Desta forma, a central de emerxencias deu aviso a Urxencias Santiarias de Galiza-061, os Bombeiros de Ordes, o GES de Curtis, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada. Unha vez no punto, os efectivo do GES comprobaron que non era necesario excarcerar e os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller. Por outra banda, dúas persoas resultaron feridos na parroquia viguesa de Valadares e os implicados foron trasladados ao hospital. O suceso ocorreu pasadas as 2.00 horas deste sábado e o particular que alertou ao 112 detallou que podían estar atrapados no vehículo, pero finalmente non tiveron que excarceralos.

A finalísima ligueira será o domingo 19 en Maxadahonda ás 12 horas. (Foto: Crat A Coruña).
Agora

CRAT da Coruña e Silicius Maxadahonda pelexarán polo título ligueiro

Os dous mellores equipos de rugby feminino no territorio do Estado, Club de Rugby Arquitectura Técnica (CRAT) da Coruña e Silicius Rugby de Maxadahonda, coliden este domingo na finalísima da Liga, que se disputará ás 12 horas no campo das madrileñas, pois a normativa dita que o choque terá lugar no fogar do primeiro clasificado na fase regular do campionato. O encontro supón unha oportunidade de ouro para que as xogadoras galegas obteñan o desquite da súa derrota fronte o Silicius hai preto dun mes na final da Copa Real Federación Española de Rugby, nun duelo moi igualado no que finalmente perderon por 10 a 16. Porén, e "con independencia do resultado", a directiva herculina considera que "a falta de disputar o partido máis importante, os obxectivos están máis que cumpridos".
O presidente español, Pedro Sánchez, a quinta feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Agora

O presidente español corrobora que o PSC-PSOE bloqueará o intento de investidura de Puigdemont (Junts)

Pedro Sánchez (PSOE), presidente do Estado español, desbotou a sexta feira que haxa posibilidades de que permitan a investidura no Parlament do ex mandatario catalán e candidato de Junts, Carles Puigdemont, que instou o PSC-PSOE a absterse, defendendo que o seu candidato, Salvador Illa, debe ser o novo president, demandando "responsabilidade" para que se evite unha repetición electoral que decorrería o próximo outubro.

Medicamentos antibióticos (Foto: Europa Press).
Agora

Xulgan unha psiquiatra que falsificou case 900 receitas para obter medicamentos contra a depresión

Unha doutora en psiquiatría será xulgada na Audiencia Provincial da Coruña acusada de dous delitos continuados de falsidade en documento oficial -un deles labor por funcionario público- por falsificar case 900 receitas para obter medicamentos para tratar a depresión. A acusada enfróntase a unha petición de 2 anos e medio de cárcere, mesmo período que se lle pide de inhabilitación para exercer un posto público, aínda que a Fiscalía solicita a eximente completa por alteración psíquica, dado que padece unha serie de trastornos que minguan de forma grave a súa capacidade de actuar, aínda que non a anulan. Así o recolle o escrito de acusación do Ministerio Público sobre uns feitos que se iniciaron no ano 2016 e prolongáronse até 2022, período no que esta doutora en psiquiatría adscrita a un hospital da provincia da Coruña emitiu receitas falsas para conseguir o fármaco Rubifén. Primeiro, emitiu 244 receitas electrónicas nas que, en ocasións, figuraba como prescriptora e paciente. Noutras, as recetaba á súa parella e a unha colega doutora de forma supostamente falsificada. En 2022, Fiscalía sostén que se fixo con seis talonarios de receitas, varios deles propiedade do seu pai, a súa irmá e outro compañeiro, todos eles doutores. Con estes, confeccionou selos facultativos e emitiu un total de 616 receitas con firmas falsificadas dos titulares dos talonarios. O Ministerio Público estima o prexuízo causado ao Sergas entre 1.354 e 4.910 euros.