Trump parte como favorito fronte a Biden no arranque da convención republicana
O Partido Republicano arrancou esta segunda feira a súa convención nacional en Milwaukee. O encontro serviu para elixir a proposta do partido á Vicepresidencia e ratificar Donald Trump como candidato presidencial, que entra no conclave como claro favorito para vencer nos comicios do 5 de novembro.