Alfonso Rueda

17-06-2024 Consello da Xunta-1
Consello da Xunta

Rueda quere suplir agora a falta de persoal médico en Primaria con profesionais de vacacións en réxime voluntario

O Consello da Xunta aprobou o denominado Plan de cobertura de necesidades de persoal médico en Atención Primaria para período estival, cando unha parte dos profesionais xa comezaron as súas vacacións e se incrementan as vacantes nos centros de saúde
Camas nun hospital do Sergas.
Sanidade pública

O Defensor do Paciente a Alfonso Rueda e Gómez Caamaño: "Cren vostedes que as doenzas marchan de vacacións?"

A presidenta desta entidade, Carmen Flores, critica os recortes sanitarios e falta de medio e persoal nos meses de estío.

Olalla Rodil, Ana Miranda e Ana Pontón no Consello Nacional do BNG decorrido este sábado 15 de xuño. (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Pontón pide a Sánchez executar o acordo de investidura: "Non é tempo de escusas, é tempo de cumprir con Galiza"

A líder o BNG destacou no Consello Nacional deste sábado que a formación nacionalista se consolida como forza política á alza e como a única alternativa real de goberno ao PP.
Almorzo informativo organizado polo Grupo Hotusa con Alfonso Rueda e Adrián Barbón. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Rueda, contra as taxas turísticas: "Non nos peguemos tiros no pé"

O presidente da Xunta volve posicionarse en contra de gravar o turismo e alerta dos "discursos de turismofobia" que percibe na Galiza.
Ana Pontón e Alfonso Rueda, esta cuarta feira, no Parlamento galego. (Fotos: Arxina)
Parlamento

Rueda di que responder a preguntas sobre sanidade é "perder o tempo"

A pregunta na sesión de control ao presidente da Xunta da Galiza realizada pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Parlamento galego, sobre como afronta a sanidade galega unha tempada tan complexa como a do verán deu pé a Alfonso Rueda a falar de Bildu, os pellets, as eleccións europeas e ERC. E falou menos do que se lle preguntaba porque, el mesmo o dixo, que responder ao BNG sobre sanidade "é unha perda de tempo".
Alumnado nun centro de ensino. (Foto: Nós Diario).
Ensino

Non deixar dar clase, faltar e agresións verbais, principais conflitos percibidos polo alumnado galego

O alumnado dos ensinos obrigatorios sinala que o recreo é o momento no que se producen máis conflitos e que son os arredores do centro o lugar onde xorden con máis frecuencia.

Os presidentes da Fegamp e a Xunta, Alberto Varela e Alfonso Rueda, esta segunda feira. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A "revisión" do financiamento do SAF, principal acordo da reunión entre Xunta e Fegamp

Tamén sobre financiamento, aínda que de forma máis xeral, o presidente da Fegamp trasladou a Rueda que os concellos galegos, especialmente os máis pequenos, están "moi afogados".
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, esta segunda feira tras o Consello da Xunta. (Foto: Xunta da Galiza)
Eleccións Europeas 9-X

Rueda salienta o apoio ao PP e xustifica pactar con Vox: "Son coalicións perfectamente entendíbeis"

O presidente galego estaba esta segunda feira "contento" cos resultados electorais do domingo. Unha vitoria "clara" do PP na Galiza e no Estado, afirmou. Se ben dixo "celebrar" que Vox e Se Acabó La Fiesta tiveran na Galiza dos seus peores resultados no Estado, xustificou os pactos do PP coa ultradereita alí onde sexan necesarios. "Son coalicións completamente entendíbeis", afirmou.
Millán Mon, Rueda, Prado e Vázquez na noite electoral do 9 de xuño (Foto: Europa Press)
Eleccións Europeas 9-X

Rueda di que Feixoo "volve gañar"

O presidente do PP galego salienta que estas son as terceiras eleccións nas que o seu xefe de filas "volve gañar".

Von der Carballeira

rueda xunta consello
Eleccións Europeas 9-X

Alfonso Rueda afirma que non toda a ultradereita "é igual"

"Non todos os partidos de ultradereita son iguais". Así respondeu esta segunda feira o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, a unha pregunta da prensa sobre se avalaría os pactos en Europa do grupo popular ao que pertence o PP con formacións de extrema dereita. Para el, ultradereita como a que representa, dixo, Giorgia Meloni, presidenta de Italia coa posfascista Fratelli d'Italia, non entraría nesa categoría.
Alfonso Rueda (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Rueda rexeita lecturas sucesorias en que Calvo e Rodríguez sexan os únicos conselleiros que sigan de deputados

É unha obrigación legal, polo Estatuto de Autonomía, que o presidente da Xunta sexa elixido de entre os deputados e as deputadas do Parlamento.
20240602_ARueda_Lugo_1
POLÍTICA

Rueda carga contra o BNG a quen acusa de ser ‘os do non a todo’

Alfonso Rueda reclamou en Lugo o voto ao Partido Popular para validar a súa acción de goberno que contrapuxo ao modelo defendido polos nacionalistas e polos socialistas.

Von der leyen
POLÍTICA

Von der Leyen abre a porta a actuar contra a Lei de amnistía mentres Rueda carga contra o BNG

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, desembarcou este sábado na Galiza para apoiar a candidatura do Partido Popular ás eleccións europeas. A política alemá participou na tradicional romaría do Partido Popular coruñés no concello do Pino.

Alfonso Rueda (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Rueda abre a porta a que a Xunta presente un recurso no Constitucional contra a lei de amnistía

Se outras autonomías optan polo camiño, "a Galiza probabelmente terá que ir tamén por ese camiño", sinalou Rueda.
DEPORTES

ENQUISA | Queres que Alfonso Rueda vaia ao partido da selección galega?

Non está claro se acudirá ao partido da selección galega o máximo representante institucional da Galiza, o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, que non ten marcada na súa axenda institucional oficial a presenza no encontro que se disputará esta sexta feira no estadio de Balaídos. Si estarán a líder do BNG, Ana Pontón, e o do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

A posibilidade da ausencia do presidente da Xunta da Galiza no partido da selección galega de fútbol abre un debate sobre a institucionalidade da Irmandiña. Non debería estar presente o líder do Executivo galego neste encontro? Suporía un desprezo e unha falta de apoio ao que representa a Irmandiña? Que opinan os seareiros e as seareiras?

Partido da selección galega de fútbol contra Venezuela (Foto: Xurxo Lobato).
Galiza-Panamá

Pontón e Besteiro estarán no partido da selección galega. Queres que Rueda vaia?

Na axenda de Alfonso Rueda para este 31 de maio figuran actos de campaña do PP e institucionais da Xunta, mais non a asitencia ao partido da selección.
Manifestación en Palas de Rei contra o proxecto de Altri na Ulloa o pasado domingo. (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Ulloa Viva cualifica de "falta de respecto" que Rueda chame "satélite" a esta entidade

A Asociación Galega de Albergues Privados -que representa a máis de 35% dos albergues da Galiza- mostrou a súa "profunda preocupación" sobre o proxecto de Altri.
Alberto Núñez Feixoo e Ursula Von der Leyen (Foto: Tarek).
Eleccións Europeas 9-X

Ursula Von der Leyen e Alberto Núñez Feixoo compartirán mesa na romaría do PP

O municipio do Pino (comarca de Arzúa) volverá este sábado para ser escenario da tradicional 'romaría popular' que organiza o PP.
Ana Pontón e Alfonso Rueda (Álvaro Ballesteros / Europa Press / Xunta da Galiza).
POLÍTICA

Pontón insta a "rectificar" tras a histórica manifestación contra Altri e Rueda reafirma: "Escoitaremos os técnicos"

Pontón arrincou a súa pregunta a Rueda cunha petición ao presidente da Xunta para que "escoite os miles de galegos" que na manifestación defenderon "a vida" fronte ao proxecto de fábrica de celulosa que Altri pretende desenvolver en Palas de Rei.