emprego

Explotación láctea galega (Foto: Europa Press). #gandaría #leite #sectorlácteo #vacas
star
SOCIAL

38% das persoas que traballan no sector agrario na Galiza son asalariadas

O aumento do persoal asalariado no agro galego dáse parello a un cambio na realidade das explotacións: as granxas con máis de 100 cabezas de gando suman xa 43% das vacas da Galiza, malia representar só 9% das explotacións. As 10.000 granxas pequenas (41%) son as que concentran o feche de granxas.

Idega
ECONOMÍA

O emprego creceu de media no Estado o dobre que na Galiza entre 2020 e 2023

O Idega presentou esta sexta feira na Coruña o seu informe sobre a economía galega en 2023. O documento constata un comportamento desigual no mercado de traballo, que non recupera os niveis de emprego previos a 2008, e alerta dun aumento da precariedade asociada ao medre da contratación temporal nos servizos.

Traballadores do sector industrial. (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Medra a fenda salarial entre Galiza e o Estado: os salarios galegos son 9% inferiores

O salario medio medra na Galiza até os 1.744 euros mensuais, 170 menos que no Estado.
Foro
ECONOMÍA

A crise da industria cronifícase na Galiza tras destruír 32.600 empregos desde 2008

O Foro Económico de Galiza presentou en Compostela o seu 'Informe de Conxuntura Socioeconómica' referido ao primeiro trimestre do presente ano. O documento, elaborado por un equipo de economistas coordinado polo profesor Fernando González Laxe, alerta da situación do sector manufactureiro.

Peregrinos
ECONOMÍA

ANÁLISE | O paro cae a 117.938 persoas empurrado polas contratacións da tempada estival

As contratacións ligadas á tempada estival volven tirar un ano máis do emprego nos meses de verán. Neste sentido, o 74% dos novos empregos xeráronse no sector servizos e o 75,6% das afiliacións á Seguridade Social teñen carácter temporal. Así, o número de persoas paradas en xuño fica en 117.938, 4.098 menos que no mes anterior.

A vicepresidenta e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, co presidente da CEOE, Antonio Garamendi. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
TRABALLO

Traballo reúnese cos axentes sociais á espera da proposta de CEOE para reducir a xornada

Desde Traballo deron sete días a CEOE e Cepyme para aclarar cal é a súa postura en relación á redución de xornada e que condicións puñan. "O Goberno avanzará nesta cuestión, aínda que a patronal non queira", advertiu a ministra Yolanda Díaz.
Oficina de emprego (Europa Press)
TRABALLO

Galiza, a segunda autonomía do Estado español máis afectada polos ERE

O persoal traballador afectado por expedientes de regulación de emprego (ERE) na Galiza chegou a ser de 2.675 persoas no mes de abril.
O secretario de Estado de Traballo, Joaquín Pérez Rey, e a ministra, Yolanda Díaz, este sábado. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
TRABALLO

Novo rexistro horario, maiores sancións ás empresas e contratos parciais: todo sobre a redución da xornada laboral

O borrador do Ministerio de Traballo para que a xornada laboral baixe até as 37,5 horas semanais contempla unha mellora proporcional do salario se os empregados a tempo parcial manteñen as mesmas horas de traballo, entre outras importantes novidades.
Exame de oposición decorrido o pasado mes de xuño. (Foto: Francisco J. Olmo / Europa Press)
TRABALLO

Fin de semana de oposicións na Galiza: 21.230 persoas buscan praza de docente e outras 606 de médico de familia

Están en xogo 1.743 en Educación e 271 en Sanidade.
web
TRABALLO

O salario na Galiza está 2.779 euros por baixo da media do Estado

O Instituto Nacional de Estatística (INE) presentou esta quinta feira o seu avance da Enquisa de Estrutura Salarial. O documento recolle que o salario bruto medio anual para Galiza no exercicio que analiza (2022) foi de 24.169 euros, é dicir, 2.779 euros ao ano por baixo da media do Estado. Nesa período, a baixada do poder de compra dos salarios situouse en 5,3%, malia rexistrar estes unha alza de 3,2%.

Mobilización do persoal das auxiliares esta quinta feira nas Pontes. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

As Pontes clama polo emprego e "un futuro industrial"

Centos de persoas percorren a vila do Eume para reclamar "futuro industrial e con emprego" e que se cumprar as promesas cara o persoal das empresas auxiliares.

Desenvolvemento e soberanía

Imaxe de arquivo de consumidores nas terrazas da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #coronavirus #covid19 #restricións #sergas #pandemia #acoruña #terrazas #hostalaría
TRABALLO

O paro rexistrado baixa en 4.298 persoas mentres os contratos temporais aumentan en 10% nun só mes

O descenso do desemprego concentrouse principalmente en servizos e, en moita menor media, no resto de sectores.
Protesta do persoal de Correos, esta cuarta feira, en Lalín (comarca do Deza).
star
TRABALLO

Xubilacións e baixas "que non se cobren": carteiras rurais advirten que o persoal non pode garantir o servizo

As carteiras e os carteiros son no rural galego, ademais dun servizo público, un servizo social. A veciñanza que vive no rural do país valora o traballo destes profesionais, que levan meses denunciando “presións psicolóxicas” da empresa mentres afrontan a diario unha “carga excesiva e inasumíbel de traballo”. Baixas sen cubrir e elevada cantidade de traballo son as súas denuncias.
Presentación do proxecto de EspazoCoop (Foto: Europa Press).
TRABALLO

O proxecto EspazoCoop asesorará a creación de 120 cooperativas até 2029

Márcanse metas como a participación de 360 persoas desempregadas durante os anos de vixencia do proxecto (2023-2029), das cales se prevé que 192 consigan traballo.
O conselleiro de Medio Rural, José González, no Parlamento. (Foto: Conchi Paz)
Parlamento

Cantos centos de millóns deixou a Xunta sen investir para políticas de emprego?

O conselleiro afirma que o importante é o orzamento investido.
Equipo de soldadura de Stellantis empregado no proceso de fabricación de vehículos. (Foto: Stellantis).
star
Análise

As ausencias industriais de Galicia

Fernando de la Torre é economista e investigador da Universidade de Santiago de Compostela.
Sen titulo
star
ECONOMÍA

A Galiza perdeu nun ano máis de 1.600 negocios que carecían de persoal asalariado

63.899 empresas con sede social na Galiza carecían de persoas asalariadas en 2022, último ano con cifras. Son 1.666 compañías menos sen persoal asalariado que en 2021 e 3.261 menos que antes do comezo da pandemia. A peor parte do proceso de axuste empresarial comezado en 2020 recae nas mercantís de menor tamaño
Oficina de emprego en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O subsidio de desemprego será compatíbel con salarios

O Ministerio de Traballo acorda con CCOO e UXT a reforma do subsidio de desemprego.
Traballadores da construción (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O número de traballadores afectados por ERE dispárase un 65%

A cifra resulta da comparación co mesmo período do ano 2023.